No trivial non teño rival. A verdade é que o meu cerebro é especialista en quedar cos datos menos importantes de tódalas temáticas que lle presento no día a día, e iso faime gañar en xogos de mesa coma este. Quere dicir que son unha persoa «culta»? Eu creo que no.
Non quero falar do tipo de saber que permite coñecer o nome dos sete ananiños de Branca Neves ou de poder recitar os nomes dos gañadores do Nobel de Literatura. Falaremos dese ‘non sei qué’ que fai que un lugar sexa único, vivo, e que, de paso, faga que a xente queira gastar cartos nel. Porque si, a cultura é un motor económico poderoso. Por que?
/Mostra de baile galego, Santiago de Compostela.
A cultura é unha ferramenta económica de primeira orde. Non é coincidencia que as cidades máis prósperas do mundo tamén sexan centros culturais vibrantes. Cres que París é só a Torre Eiffel? Spoiler: non. París é un cruasán, é unha baguette, é una camiseta de raias horizontais blanca e negra. Tamén é Jean Reno e Gérard Depardieu. É Edith Piaf, un mostacho fino, é o viño, Louis Vuitton e Coco Chanel. A cidade luz (despois de Vigo) brila tamén grazas á cultura, que fai que millóns de turistas deixen os seus cartos alí cada ano. É tan primordial que si arrancamos todos estos atributos (e moitos máis) da cidade de París, credes que habería algunha razón para que se nos ocurrira pensar que nos apetece visitar a cidade? Eliminando a cultura, eliminamos o desexo de ir, coñecer e experimentar.
A xente (polo xeral) non viaxa a Nova York para convertirse en escritor e comprender a mente masculina como Carrie Bradshaw. Viaxan por Broadway, polos museos, polas galerías e esa vibración artística que se respira en cada esquina. Os turistas que fan un bó turismo buscan a cultura do lugar que visitan: buscan a gastronomía, buscan o cine, buscan as ubicacións e entornos máis únicos ou vivir un anaco da vida cotiá dos seus habitantes, e cada euro que gastan en entradas, comidas e recordos queda na economía local.
As industrias culturais e creativas son unha fonte importante de emprego. Dende curadores de museos, actores e actrices ata deseñadores gráficos e guías turísticos, a cultura xera unha cadea de empregos que alimenta a moitas bocas e, o máis importante, contribúe a manter a cultura viva.
Oístes falar dos barrios que estaban abandoados ata que chegaron os modernitos e empezaron a abrir galerías e cafés hipster? A cultura ten o poder de revitalizar áreas descoidadas polos concellos, incrementando o valor das propiedades e atraendo novos investimentos.
A cultura non só atrae aos turistas, senón que tamén dá aos locais unha razón para sentirse orgullosos do seu fogar. Unha comunidade que valora e promove a súa cultura é unha comunidade unida e feliz. E unha comunidade feliz é unha comunidade produtiva.
O efecto Guggenheim
/Museo Guggenheim, Bilbao.
Imos a Bilbao, unha cidade industrial que estaba máis preto da decadencia que do esplendor. Entón, chega o Museo Guggenheim e ¡bam!, a cidade renace. Non só trouxo turistas; trouxo unha onda de renovación urbana, investimentos estranxeiros e un redescubrimento do orgullo local. O “efecto Guggenheim” é un exemplo clásico de como a cultura pode transformar unha economía local.
Logo temos a Berlín. Despois da caída do Muro, a cidade converteuse nun imán para artistas e creativos de todo o mundo. A explosión cultural non só fixo de Berlín un dos destinos turísticos máis vibrantes de Europa, senón que tamén impulsou a súa economía a través da innovación e a creatividade. Hoxe, a escena cultural de Berlín é un motor económico que atrae millóns de euros anualmente.
Berlín e a escea creativa
/Muro de Berlín, Berlín.
A cultura na Costa da Morte.
/Festa do Percebe, Corme.
Pero non necesitamos ir tan lonxe para ver o impacto da cultura no desenvolvemento económico. A Costa da Morte tamén ten a súa historia que contar. Aquí, a cultura non é só unha reliquia do pasado, senón unha forza viva que impulsa a economía local.
Os festivais son unha excelente forma de atraer turismo e dinamizar a economía local. Pensa en eventos como a Festa do Percebe en Corme, que non só celebra a recolección deste manxar do mar, senón que tamén atrae a miles de visitantes que deixan os seus cartos en hoteis, restaurantes e tendas locais. Cada evento cultural é unha oportunidade para amosar o mellor da rexión e atraer pesetas.
A artesanía é outro ‘must’ da economía cultural na Costa da Morte. Os produtos feitos a man non só teñen un valor cultural, senón tamén económico. As pezas de cerámica, téxtiles e outros produtos artesanais non só son recordos bonitos, senón que representan unha fonte de ingresos para moitas familias.
Entendido, pero,
O desenvolvemento cultural necesita investimento. Sexa a través de subvencións gobernamentais ou de patrocinadores privados, o investimento en infraestruturas culturais é esencial para o seu crecemento.
Fomentar a educación en artes e cultura dende unha idade temperá crea unha base sólida para o futuro. Ademais, programas de formación para artistas e xestores culturais aseguran que haxa unha continuidade na oferta cultural.
Non basta con ter unha oferta cultural; hai que saber vendela. E como isto é o noso tema, adentrarémonos un pouco. Por suposto, a implicación na cultura da zona ten un carácter non lucrativo, pero ata iso ten que plantexarse e idearse cun obxectivo comercial. Ninguén duda da calidade excepcional da pataca de Coristanco, pero a Festa da Pataca non só está feita para os veciños, se non para que o produto se dea a coñecer de Coristanco para fóra. Os veciños de Coristanco saben o boa que é a súa pataca, pero como poden convencer aos demáis de que iso é certo? Non vos enganedes, a Festa da Pataca é unha campaña de márketing. E estas campañas, se están ben feitas, destacan os eventos e atractivos culturais que son cruciais para atraer visitantes (e compradores).
A colaboración entre diferentes sectores é clave. O turismo, a educación, as industrias creativas e o comercio poden traballar xuntos para crear un ecosistema cultural vibrante, como estamos a traballar en ei!Carmiña.
O futuro é incerto, pero unha cousa é clara: a cultura seguirá sendo un motor vital para o desenvolvemento económico da Costa da Morte. As rexións que saiban investir no seu patrimonio cultural, adaptarse aos cambios e promover a súa oferta de maneira efectiva estarán mellor posicionadas para prosperar.
Así que, a próxima vez que alguén che diga que a cultura non vale pa’ nada, dille que non, que a cultura é esencial para o desenvolvemento económico, e non só porque embelece as nosas vidas. Xera empregos, atrae turismo, revitaliza comunidades e danos un sentido de identidade. Apoiemos as nosas iniciativas culturais, porque ao final do día, todos saímos gañando.
Carmiña non vai deixar de traballar polo benestar económico, social e medioambiental da Costa da Morte. Se queres botarlle unha man, podes plantexarte convertirte en socio de ei!Carmiña. Ten unha chea de cousas boas, pero a mellor de todas sempre é o teu apoio.
Se che interesan os beneficios, bota un ollo a esta páxina.